Esta conferencia online "Educar a tus hijos durante el confinamiento", propón establecer ideas e rutinas por medio dunha disciplina positiva, educación Montessori e a neurociencia aplicada ao día a día.
O vindeiro venres 17 de abril, ás 19:00 h poderás coñecer como converter o
CONFINAMENTO na MELLOR OPORTUNIDADE para educar aos teus fillos e
mellorar a vosa convivencia para sempre.
A través da DISCIPLINA POSITIVA, catro expertos da educación,
comunicación e neuromarketing compartirán contigo experiencias e ideas para que a crianza dos teus fillos sexa EFECTIVA E AMOROSA.
INTERÉSACHE ESTE OBRADOIRO SE…
Queres aprender a fixar límites sen enfadosQueres ensinar ao teu fill@ habilidades útiles para toda a vidaQueres potenciar as capacidades da túa fill@Queres que a crianza sexa un período de gozo e aprendizaxe
OS EXPERT@S:
Estela Sánchez San Jerónimo. Formada como Técnico de Educación Infantil cunha experiencia de máis de 25 anos. Asistente Montessori de 0-3 e 3-6 anos, dedicada a iso 4 anos na escola Valencia Montessori School. Guía Montessori de 0-3 anos. Ao mesmo tempo, é formadora de Disciplina Positiva desde o ano 2016 tanto para pais/familias como para profesores.
José Osuna Expósito. Neurociencia e Tecnoloxía Aplicada á Neurofisiología.
Traballo na rama de Saúde desde o ano 2000 con proxectos de
Telemedicina, no 2007 dirixo a Prevención, Formación e Investigación na
Comunidade Valenciana en materia de Dependencias, Saúde Mental e
Drogodependencias, incidindo en Centros Educativos. Actualmente traballo
desde a Neurociencia e a Neurofisiología. Formeime en Disciplina Positiva no 2018.
María Inmaculada Molina Martínez. Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e traballo como responsable de administración e contabilidade na miña empresa familiar, no sector cerámico. Certifiqueime en Disciplina Positiva no 2019, co fin de adquirir ferramentas para educar á miña filla e lograr así a conexión que necesitabamos para, máis tarde, atopar a estabilidade e felicidade familiar coa posta en marcha do Diario de Práctica Familiar.
María Inmaculada Molina Martínez. Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e traballo como responsable de administración e contabilidade na miña empresa familiar, no sector cerámico. Certifiqueime en Disciplina Positiva no 2019, co fin de adquirir ferramentas para educar á miña filla e lograr así a conexión que necesitabamos para, máis tarde, atopar a estabilidade e felicidade familiar coa posta en marcha do Diario de Práctica Familiar.
Maria Elena Flores Cuadrado. Son Mestra de educación infantil e educadora, tras unha pausa como
docente e un tempo vivindo no estranxeiro, decidín reencontrarme coa
educación. Intereseime na pedagoxía Montessori e
especialiceime como Guía de 3-6, titulación que completei coa
certificación en Disciplina Positiva. A idea que ambas expoñen de dotar
ao neno coa dignidade e respecto que merece son claves, para ofrecer
desde a escola e o fogar unha educación consciente e respectuosa, e a
única maneira de educar nenos sans e felices.
Ficha técnica:
Ficha técnica:
Data: venres 17 de abril de 2020
Hora: 19:00 H.
Formato: webinario a través de internet
Prezo: gratuíto
Inscrición imprescindible
Nunca volverás estar tanto tempo xunto aos teus fill@s. Aproveita a
ocasión. Coñece a disciplina positiva e goza da crianza e da educación
dos teus fill@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario