Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

Mostrando entradas con la etiqueta PEDAGOXÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PEDAGOXÍA. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de abril de 2020

WEBINARIO GRATUITO: EDUCAR AOS TEUS FILL@S DURANTE O CONFINAMENTO (17 DE ABRIL)

 

Esta conferencia online "Educar a tus hijos durante el confinamiento", propón establecer ideas e rutinas por medio dunha disciplina positiva, educación Montessori e a neurociencia aplicada ao día a día. 

O vindeiro venres 17 de abril, ás 19:00 h  poderás coñecer como converter o CONFINAMENTO na MELLOR OPORTUNIDADE para educar aos teus fillos e mellorar a vosa convivencia para sempre. A través da DISCIPLINA POSITIVA, catro expertos da educación, comunicación e neuromarketing compartirán contigo experiencias e ideas para que a crianza dos teus fillos sexa EFECTIVA E AMOROSA.

INTERÉSACHE ESTE OBRADOIRO SE… 

Queres aprender a fixar límites sen enfados
Queres ensinar ao teu fill@ habilidades útiles para toda a vida 
Queres potenciar as capacidades da túa fill@ 
Queres que a crianza sexa un período de gozo e aprendizaxe

OS EXPERT@S:  

  Estela Sánchez San Jerónimo. Formada como Técnico de Educación Infantil cunha experiencia de máis de 25 anos. Asistente Montessori de 0-3 e 3-6 anos, dedicada a iso 4 anos na escola Valencia Montessori School. Guía Montessori de 0-3 anos. Ao mesmo tempo, é formadora de Disciplina Positiva desde o ano 2016 tanto para pais/familias como para profesores.

  José Osuna Expósito. Neurociencia e Tecnoloxía Aplicada á Neurofisiología. Traballo na rama de Saúde desde o ano 2000 con proxectos de Telemedicina, no 2007 dirixo a Prevención, Formación e Investigación na Comunidade Valenciana en materia de Dependencias, Saúde Mental e Drogodependencias, incidindo en Centros Educativos. Actualmente traballo desde a Neurociencia e a Neurofisiología. Formeime en Disciplina Positiva no 2018.

  María Inmaculada Molina Martínez. Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e traballo como responsable de administración e contabilidade na miña empresa familiar, no sector cerámico. Certifiqueime en Disciplina Positiva no 2019, co fin de adquirir ferramentas para educar á miña filla e lograr así a conexión que necesitabamos para, máis tarde, atopar a estabilidade e felicidade familiar coa posta en marcha do Diario de Práctica Familiar.


  Maria Elena Flores Cuadrado. Son Mestra de educación infantil e educadora, tras unha pausa como docente e un tempo vivindo no estranxeiro, decidín reencontrarme coa educación. Intereseime na pedagoxía Montessori e especialiceime como Guía de 3-6, titulación que completei coa certificación en Disciplina Positiva. A idea que ambas expoñen de dotar ao neno coa dignidade e respecto que merece son claves, para ofrecer desde a escola e o fogar unha educación consciente e respectuosa, e a única maneira de educar nenos sans e felices.

  
Ficha técnica: 
Data: venres 17 de abril de 2020 
Hora: 19:00 H. 
Formato: webinario a través de internet 
Prezo: gratuíto 
Inscrición imprescindible 
 

Nunca volverás estar tanto tempo xunto aos teus fill@s. Aproveita a ocasión. Coñece a disciplina positiva e goza da crianza e da educación dos teus fill@s.


 

domingo, 29 de marzo de 2020

ESCOLA NA CASA

O Mestre Francesco Tonucci comparte 8 propostas para convertir a casa nestes dias de corentena na vosa propia escola. Agardamos que vos gusten e lévedes á práctica.

Mensaje de Francesco Tonucci from Integratek on Vimeo.

martes, 24 de marzo de 2020

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa.

Polas circunstancias actuais de confinamento, dende o Departamento de Orientación creamos este blog no que se publicarán diferentes propostas educativas. Serán un reforzo das diferentes áreas de aprendizaxe.

A continuación indicamos os diferentes correos de contacto do D.O, nos que nos podedes facer chegar calquer tipo de dúbida, consulta ou proposta. 

Loli Juíz (Xefa do D.O):
orientacionsionlla@gmail.com

Esther Meléndez (Mestra de Pedagoxía Terapéutica):
ptasionlla@gmail.com

Loli Diego (Mestra de Audición e Linguaxe):
audicionelinguaxe.sionlla@gmail.com