Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

viernes, 24 de abril de 2020

PROGRAMA COMUNICARNOS I

Para rematar á semana, imos a proporcionar dende este blog pautas e recomendación para levar a cabo un programa para o densenvolvemento da linguaxe oral e adquisión de habilidades para o aprendizaxe do proceso lectoescritor.

Dito programa esta dirixido ao alumnado da etapa de Educación Infantil. 

Deixámosvos as Bases Teóricas de dito programa. Consideramos de gran utilidade a lectura do seguinte documento, xa que axudará a comprender o obxeto e pretensións de dito programa. 


DESCARGAR AQUÍ BASES TEÓRICAS

O Programa Comunicarnos, está estruturado por quincenas. Aconséllase que, en cada semana, adíquese polo menos tres días para traballar as actividades que se expoñen dentro do programa, desta forma serian 6 días cada quincena o que se dedicaría ao desenvolvemento do programa. Consideramos que dedicar menos de 3 días semanais non é sistemático nin efectivo, o ideal sería dedicar un tempo breve cada día. O tempo adicado dependerá da rutina establecida. 

As actividades, non están meramente enumeradas, senón que vén cada unha desenvolvida, e detallando que se debe de facer en cada momento. Algunhas actividades realízanse de forma oral, outras están propostas para realizar cos materiais propios da clase e para outras se propón un material tipo. Naquelas que se suxire o uso dun material específico van acompañadas dunha “ligazón” ou “ link” que levan á súa descarga. 

Queremos destacar que non é necesario realizar para unha mesma actividade, todos os tipos de material que se propoñen (interactiva, impresa ou manipulativa), e por suposto deixamos aberta a posibilidade de seleccionar aquelas actividades que máis se adecúen ao desenvolvemento do alumno/a. Sabemos que a identidade destos programas son máis naturais no ámbiente do aula. Pero por outra banda, parécenos interesante a difusión destas ferramentas para o desenvolvemento da competencia comunicativa-lingüístuca na etapa de educación infantil.


A continuación podedes descargar a primeira quincena do programa: 



PINCHA AQUI PARA DESCARGAR A 1º QUINCENA PARA 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL 

 Agardamos que estes recursos sexanvos de utilidade. 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario