Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2020

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR III

Outra lección de mecanografía, destinada ao alumnado de 4º, 5º e 6º.

Seguimos dando continuidade ao traballo de entradas anteriores (22 de abril e 6 de maio).

Podedes repasar os contidos que traballamos ata agora, accedendo ás entradas correspondentes:

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR II

Imos introducir catro novas teclas R, T, Y, U. Estas teclas tamén se premen utilizando os dedos índices, que traballamos na última lección.
Para pulsar as teclas R, T debedes usar o dedo índice da man esquerda e para pulsar as teclas Y, U debedes usar o dedo índice da man dereita. Podedes velo gráficamente na seguinte imaxe.



Para premer estas teclas tedes que desplazar o dedo índice correspondente, pero logo tedes que devolver o dedo a súa posición de orixe. É dicir, se pulsades a tecla R, unha vez pulsada tedes que devolver o dedo índice esquerdo a letra F.

Agora toca practicar cos seguintes exercicios, premede na imaxe para comezar.


Recordade clicar en CONTINUAR cando remates un exercicio para acceder ao seguinte. Se decidides repetilo podedes pulsar en REPETIR e ademais podedes volver atrás coa opción de EXERCICIO ANTERIOR ou podedes avanzar sen realizar un exercicio en SALTAR ESTE EXERCICIO

Enviádenos as vosas fotos practicando a  orientacionsionlla@gmail.com


martes, 19 de mayo de 2020

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

Cando pensamos nun problema da área de matemáticas, vénnos á cabeza unha pregunta a cal temos que dar resposta.

É frecuente que plantexemos ao alumnado moitas operacións descontextualizadas, cuxo único fin é a práctica e dominio memorístico do mecanismo. Pero estas operacións cobran sentido na resolución dos problemas matemáticos.

A resolución de problemas matemáticos non é operar por operar, é entender o que se fai, é reflexionar, é pensar, é razoar... en definitiva, comprender para poder resolver.
Debemos ter presente que as matemáticas non son nin deben ser un área desvinculada das áreas das linguas. Xa que, para poder axudar a resolver, necesitamos ademais de operar, comprender ben. A comprensión lectora é de suma importancia.

Na resolución de problemas matemáticos débese seguir unha secuencia lóxica, como a seguinte:

- 1º) Ler o problema.

- 2º) Arrodear os datos necesarios do problema.

- 3º) Subliñar a pregunta, para coñecer o que lles pide o problema.

- 4º) Decidir que facer no problema.


- 5º) Debuxar o problema, para representar a situación.

- 6º) Realizar a operación ou operacións.

- 7º) Voltar a ler a pregunta e escribir a solución.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder a multitude de problemas matemáticos para diferentes niveis. Deslizade a barra de desprazamento cara abaixo para poder seleccionar o nivel adecuado e resolver moitos problemas matemáticos.

miércoles, 6 de mayo de 2020

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR II

É importante que fagades un uso adecuado do teclado, por iso vos traemos unha nova lección de mecanografía, destinada ao alumnado de 4º, 5º e 6º.

Hoxe imos dar continuidade ao traballo que iniciamos na entrada do 22 de abril. Podedes repasar os contidos premendo no título:

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR


Tras recordar para que serven algunhas teclas do teclado, a posición das mans e as letras A, S, D, F (coa man esquerda) e as J, K, L, Ñ (coa man dereita); toca traballar dúas novas teclas G e H situadas entre os dedos índices, se temos as mans situadas na posición base.

Á hora de pulsar as teclas G e H o movemento dos dedos é moi sinxelo. Para pulsar a letra G debes usar o teu dedo índice da man esquerda, e para pulsar a letra H debes utilizar o dedo índice da man dereita. A continuación podes velo gráficamente:


Para premer as teclas G e H tedes que desplazar o dedo índice correspondente, pulsar a tecla e devolver o dedo a súa posición de orixe. É dicir, se pulsades a tecla G, unha vez pulsada tedes que devolver o dedo índice esquerdo a letra F.

Agora toca practicar cos seguintes exercicios, premede na imaxe para comezar.


Recordade clicar en CONTINUAR cando remates un exercicio, para acceder ao seguinte. Se decidides repetilo podedes pulsar en REPETIR e ademais podedes volver atrás coa opción de EXERCICIO ANTERIOR ou podedes avanzar sen realizar un exercicio en SALTAR ESTE EXERCICIO

Enviádenos as vosas fotos practicando a orientacionsionlla@gmail.com

martes, 5 de mayo de 2020

AS NORMAS DE ACENTUACIÓN

Normalmente, o alumnado de primaria adoita entender sen problemas, as regras de acentuación. Pero, ás veces, non lle parece importante utilizalas. Debemos insistir na necesidade de aplicar as regras ortográficas, tanto as relativas ás grafías, como as que se refiren á acentuación ou á puntuación.

Imos a repasar as normas de acentuación traballadas na materia de lengua castelá, resumidas na seguinte imaxe.


PULSA AQUÍ PARA DESCARGAR O PÓSTER NORMAS DE ACENTUACIÓN


Para practicar as normas de acentuación, propoñémosvos varias actividades interactivas, destinadas ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Premede enriba de cada unha das seguintes imaxes para acceder as tarefas. Ao rematar cada unha delas, podedes comprobar que tal o fixestes pulsando en ¡TERMINADO! e en COMPROBAR MIS RESPUESTAS. Logo deslizade a barra de desplazamento hacia arriba e veredes a vosa nota nese exercicio.

É importante que non vos olvidedes de poñer os acentos gráficos, que escribades con minúsculas e que sigades unha orde nas respostas. Se obviades estos detalles, na corrección poden computarse como erros.

Se consultades o post do 22 de abril de 2020 podedes recordar como se escribe o acento gráfico.


                        

                 



  Contádenos como vos foi con estes exercicios escribíndonos a orientacionsionlla@gmail.com ou deixádenos un comentario.

miércoles, 29 de abril de 2020

O TARRO DOS BICOS PARA A MULLER IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Achégase o día da nai e queremos compartir convosco este conto...

         
Este conto ensínanos todas as cores que poden ter os bicos. Que che parece a idea de telos todos gardados nun tarro?  Busca un tarro chulo que teñas na casa e nel garda pequenos papeis cos diferentes tipos de bicos. Así poderás empregar o bico que precises no momento oportuno. 

Aquí tes unha plantilla para facer os teus propios bicos de cores. Podes darlle o significado que ti queiras e mesmo inventar tipos de bico e de outras cores (bicos de mel, bicos de algodón, bicos de azucre, bicos de regaliz, bicos de chocolate...) 

DESCARGA AQUÍ A PLATILLA DOS BICOS


Outra idea para agasallar a muller importante da túa vida é escribirlle algo ben lindo e sentido e como non, acompañalo dun bonito debuxo que lle faga honor a súa beleza.



DESCARGA AQUÍ PLANTILLA MULLER IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Podedes enviarnos fotografías dos vosos tarros de bicos e das descricións e debuxos desas "mulleres importantes" ao seguinte correo:


 orientacionsionlla@gmail.com

 Encantaríanos poder ver o voso resultado. Animádevos e bicos mil!!!!

jueves, 23 de abril de 2020

AUDIOLIBROS

Antes de rematar o día do libro queremos compartir convosco AUDIOLIBROS.
Os audiolibros son gravacións dos contidos dun libro lidos en voz alta. Cada vez están máis presentes grazas as novas tecnoloxías.
Hai estudos recentes que afirman que escoitar audiolibros incrementa a comprensión lectora, mellora o vocabulario e facilita a fluidez oral.

Recomendámosvos algúns audiolibros para diferentes niveis.

PARA INFANTIL 

La ratita presumida. (9min)


- Las aventuras de Pocoyó: Detective Pocoyó. (9min)


Pinocho. (12min)

- Cuentos infantiles volumen 2. (2h).
Este audiolibro é moi longo porque recolle dezanove clásicos infantís. Na parte de abaixo á dereita, a opción de CHAPTERS permítevos seleccionar o conto que queredes escoitar. Os máis axeitados para a etapa de infantil son os seguintes:
Chapter 2: El traje nuevo del Emperador.
Chapter 3: El conejito ingenioso.
Chapter 4: Las habichuelas mágicas.
Chapter 5: Las aventuras de muñequín.
Chapter 6: Vaya banquetes.
Chapter 7: Las hadas.
Chapter 8: El cuervo y la zorra.
Chapter 9: El burrito descontento.
Chapter 10: El enano saltarín.
Chapter 12: Los días de la semana.
Chapter 13: El lobo y las 7 cabritillas.
Chapter 14: El ratoncito Pérez.
Chapter 15: El tesoro perdido.



PARA 1º  E  2º DE PRIMARIA: 

Miraculous. Las aventuras de Ladybug. (11 min)


- Pedro y el bosque. (19min)


Alí Babá y los cuarenta ladrones. (14 min)



PARA 3º  E  4º DE PRIMARIA: 

- Mi nombre es Stilton, Geronimo Stilton. (1h e 3 min)


Tras la pista del Yeti. (1h e 5min)


PARA 5º  E  6º DE PRIMARIA: 

- La isla del tesoro. (1h e 38 min)


- La increíble historia de… El chico del millón. (3h e 31 min)


- Tedes acceso a todos os libros de Diario de Greg dende o canal de youtube de EL CHICO QUE LEE. Para acceder ao seu canal premede na seguinte ligazón:
Deixámosvos acceso directo aos seguintes:

1. Un pringao Total.                               2. La ley de Rodrick.                           3. Esto es el colmo.    
                                

Non queremos rematar sen contarvos que con motivo do día do Libro dende a ONCE (organización nacional de cegos españoles) lémbrannos o importante que é que as persoas cegas ou con dificultades visuais teñan garantizado o acceso á lectura. Que importantes son os audiolibros para todos aqueles con dificultades visuais. Pero se recordades o inicio desta entrada, o uso dos mesmos ten moitos beneficios para tod@s.

miércoles, 22 de abril de 2020

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR

A suspensión das clases polo coronavirus provocou que moitos dos nosos pequenos estén conectados ás novas tecnoloxías para continuar co curso a distancia. Ogallá que todos os cativos contasen nas súas casas cun ordenador e unha boa conexión á rede. 
Pensamos que é unha boa idea que o alumnado aproveite este tempo na casa para mellorar a súa competencia dixital. Por iso, nos parece interesante animarvos a escribir no ordenador de forma correcta. É igual de importante escribir de maneira adecuada en papel que en calquera plataforma dixital. Se vos preocupades por mellorar o uso que facedes do teclado conseguiredes escribir con máis rapidez e con maior facilidade. Lembrade que tamén debedes coidar a ortografía. 

Comezamos repasando para que sirven algunhas das teclas do teclado.


- Tecla Bloqueo de Maiúsculaspreméndoa escribiredes en maiúsculas. E para volver a escribir en minúsculas tedes que desactivala, preméndoa de novo.
Tecla Retorno (Intro, Enter)cando pulsades esta tecla cambiades de línea.
Tecla Eliminar: e para borrar calquera letra ou carácter que esté situado por diante do cursor de texto (a línea vertical que parpadea).
Punto e comapulsando esas teclas podes escribilas
Acento gráfico: é a tecla que está á dereita da tecla Ñ. Para poñer acento, primeiro tedes que pulsar unha vez a tecla da tilde e logo a tecla da letra sobre a que se quere colocar o acento gráfico.
Diérese: está na mesma tecla do acento gráfico, pero para activala hai que seguir uns cantos pasos. Primeiro hai que premer a tecla de Maiúsculas (ollo, non a de Bloqueo de Maiúsculas, senón as teclas vermellas), e sen soltala hai que premer unha vez a tecla da diérese e logo sóltanse ambas teclas e prémese a tecla da letra sobre a cal se quere colocar diérese.

Despois de repasar algunhas das teclas do teclado. Imos coas letras. Hai un truco para saber se os dedos están ben colocados no teclado sen sequera miralo. Se vos fixades as teclas F e J teñen unhas marcas, nestas teclas debedes colocar os dedos índices como podedes ver na seguinte imaxe.



Na imaxe anterior tedes marcadas de cor verde as teclas nas que os vosos dedos deben descansar. Despois de premer calquera tecla os vosos dedos sempre deben volver ás teclas de cor verde.

Deixámosvos uns cantos exercicios para practicar. Cando realicedes o primeiro premede en CONTINUAR para acceder ao seguinte; aínda que tamén podedes pulsar en REPETIR se decidides facer o mesmo exercicio. Ademais tedes dúas opcións moi interesantes, para volver atrás podedes clicar en EXERCICIO ANTERIOR  e para avanzar sen facer un exercicio SALTAR ESTE EXERCICIO.

(CONTINUADE LENDO MÁIS ABAIXO)



Non vades creer o que nos pasou! Esquecemos o nome da técnica para escribir a máquina ou a ordenador. Chamábase mecano... mecanagrifi... mecunagra... mecanugrufía...  Imposible! Non o recordamos. A ver se nos axudades. Se vós sabedes o nome da técnica na cal queremos que vos iniciedes, deixádenos un comentario.

Ademais se vos animades a practicar, podedes enviarnos as vosas fotos practicando. Para os que non lle gusten as fotos, conformámonos cunha foto da vosa pantalla do ordenador. Esperamos os vosos correos electrónicos en:

orientacionsionlla@gmail.com

martes, 21 de abril de 2020

RECURSOS DIXITAIS PARA REPASAR AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Hoxe achegámosvos catro recursos para repasar as táboas de multiplicar.

- A Táboa pitagórica: (é necesario habilitar Adobe Flash Player)  Para acceder clicade en INICIAR para que apareza a táboa pitagórica. Nesta  hai que atopar todos os produtos posibles co resultado indicado e facer clic sobre a / as opción/s elexidas.



- Táboas de multiplicar do 1 ao 10: (é necesario habilitar Adobe Flash Player) Para comezar debes premer o botón START. É ideal para iniciarse no estudo das táboas, xa que permite facer un repaso de cada táboa por orde. Para responder tedes que clicar sobre o resultado da multiplicación indicada.



As aventuras do señor Pi: (é necesario habilitar Adobe Flash Player) Tedes que facer dobre clic en "empezar" para axudar ao señor Pi. Malasombra raptou a Bombi e para axudar no rescate debedes impulsar a nave do señor Pi; para iso tedes que responder a unhas cantas multiplicacións. Despois de responder a cada unha das multiplicacións  debedes clicar en comprobar. Se acertades aumentará a velocidade da nave do señor Pi e se fallades aumentará a velocidade da nave de Malasombra. Hai tres niveles de dificultade, cada un cun tempo determinado. 


A oca das táboas de multiplicar: (é necesario habilitar Adobe Flash Player) Para acceder clícase encima da oca, posteriormente ofrécenos a opción de participar un ou dous xogadores. Cada casa do xogo da oca esconde un reto diferente que hai que superar para poder avanzar.