Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O 2 de abril está declarado como o día mundial da concienciación sobre o autismo, para resaltar a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida de todos aqueles diagnosticados con TEA.

Por iso, hoxe achegámosvos a curtametraxe “A viaxe de María” producida pola Fundación Orange para aproximarvos o coñecemento do autismo. 




Ademais, queremos que coñezades a campaña que está promovendo este ano o movemento asociativo de autismo España.





Baixo o lema  Podo aprender. Podo traballar pretenden centrar a atención arredor de dous eixes fundamentais para a mellora da calidade de vida das persoas con TEA: o acceso a unha educación e a un empleo de calidade que se adecue ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con TEA.


Que vivan de maneira satisfactoria, máis autónoma e independente posible, require un cambio de mentalidade na sociedade para apoiar as súas capacidades, prioridades e necesidades, así como,  crear e manter os servizos de apoio necesarios  e  promover a accesibilidade do colectivo en todos os sectores


Vós tamén podedes  participar nesta campaña da seguinte maneira:

1. Elexide unha ferramenta que represente unha das vosas habilidades.

2. Facede unha foto, un vídeo ou un gif sostendo ou usando a ferramenta.

3. Compárteo connosco enviándoo a: orientacionsionlla@gmail.com

 ata o vindeiro mércores 8 de abril.




Esperamos recibir a vosa aportación no correo electrónico indicado.

E se aínda non o fixestes, visitade o blog da biblioteca http://bibliotecanovoa.blogspot.com/ onde tedes o conto "El cazo de Lorenzo" non volo perdades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario