Hoxe venres 24 de abril, ás 17.30 h convidámosche á unha sesión participativa, divertida e única, chea de ideas prácticas
e útiles, onde poderás aprender a realizar varios efectos máxicos e
servirá para que os estudantes repasen e afiancen algúns contidos
curriculares con Xuxo Ruiz.
Xuxo Ruiz, é mestre de primaria e mago, creador da Maxia Educativa e pioneiro en usar o ilusionismo como recurso didáctico. É autor do libro Educando con maxia, libro educativo máis vendido do ano 2013. Está considerado un dos 50 mellores mestres do mundo e foi o único español nomeado ao premio Nobel da Educación, Global Teacher Prize, no ano 2018.
https://www.afundacion.org/es/afundacion-en-casa/directos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario