Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2020

REPASAMOS CONTIDOS MATEMÁTICOS

Plantexámosvos diferentes actividades online para repasar contidos da área de matemáticas.
Estas tarefas están destinadas ao alumnado de 1º, 2º e 3º.

ORDE ASCENDENTE DOS NÚMEROS: nesta actividade tedes que colocar os números de menor a maior.



Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:





SUMAS:



Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:



RESTAS:



Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:



MULTIPLICACIÓN:


Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:




JUEGOS CON LOS EUROS:

Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:



Podedes deixarnos un comentario para contarnos que tal vos foi con estes exercicios ou escribirnos un correo electrónico a orientacionsionlla@gmail.com.

lunes, 25 de mayo de 2020

SEPARACIÓN DE PALABRAS NUNHA ORACIÓN

Durante os primeiros anos de escritura autónoma, os nenos e nenas poden ter dificultades para separar as palabras de forma correcta dentro dunha oración. Sobre todo aquelas que son artículos, determinantes, pronomes ou preposicións.

Traémosvos material para traballar este tipo de dificultades, adecuado para o alumnado de 1º e 2º de primaria.


Ademais se premedes na seguinte imaxe, poderedes acceder a fichas creadas polo portal educativo de Orientación Andújar.

martes, 19 de mayo de 2020

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

Cando pensamos nun problema da área de matemáticas, vénnos á cabeza unha pregunta a cal temos que dar resposta.

É frecuente que plantexemos ao alumnado moitas operacións descontextualizadas, cuxo único fin é a práctica e dominio memorístico do mecanismo. Pero estas operacións cobran sentido na resolución dos problemas matemáticos.

A resolución de problemas matemáticos non é operar por operar, é entender o que se fai, é reflexionar, é pensar, é razoar... en definitiva, comprender para poder resolver.
Debemos ter presente que as matemáticas non son nin deben ser un área desvinculada das áreas das linguas. Xa que, para poder axudar a resolver, necesitamos ademais de operar, comprender ben. A comprensión lectora é de suma importancia.

Na resolución de problemas matemáticos débese seguir unha secuencia lóxica, como a seguinte:

- 1º) Ler o problema.

- 2º) Arrodear os datos necesarios do problema.

- 3º) Subliñar a pregunta, para coñecer o que lles pide o problema.

- 4º) Decidir que facer no problema.


- 5º) Debuxar o problema, para representar a situación.

- 6º) Realizar a operación ou operacións.

- 7º) Voltar a ler a pregunta e escribir a solución.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder a multitude de problemas matemáticos para diferentes niveis. Deslizade a barra de desprazamento cara abaixo para poder seleccionar o nivel adecuado e resolver moitos problemas matemáticos.

miércoles, 29 de abril de 2020

O TARRO DOS BICOS PARA A MULLER IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Achégase o día da nai e queremos compartir convosco este conto...

         
Este conto ensínanos todas as cores que poden ter os bicos. Que che parece a idea de telos todos gardados nun tarro?  Busca un tarro chulo que teñas na casa e nel garda pequenos papeis cos diferentes tipos de bicos. Así poderás empregar o bico que precises no momento oportuno. 

Aquí tes unha plantilla para facer os teus propios bicos de cores. Podes darlle o significado que ti queiras e mesmo inventar tipos de bico e de outras cores (bicos de mel, bicos de algodón, bicos de azucre, bicos de regaliz, bicos de chocolate...) 

DESCARGA AQUÍ A PLATILLA DOS BICOS


Outra idea para agasallar a muller importante da túa vida é escribirlle algo ben lindo e sentido e como non, acompañalo dun bonito debuxo que lle faga honor a súa beleza.



DESCARGA AQUÍ PLANTILLA MULLER IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Podedes enviarnos fotografías dos vosos tarros de bicos e das descricións e debuxos desas "mulleres importantes" ao seguinte correo:


 orientacionsionlla@gmail.com

 Encantaríanos poder ver o voso resultado. Animádevos e bicos mil!!!!

jueves, 23 de abril de 2020

AUDIOLIBROS

Antes de rematar o día do libro queremos compartir convosco AUDIOLIBROS.
Os audiolibros son gravacións dos contidos dun libro lidos en voz alta. Cada vez están máis presentes grazas as novas tecnoloxías.
Hai estudos recentes que afirman que escoitar audiolibros incrementa a comprensión lectora, mellora o vocabulario e facilita a fluidez oral.

Recomendámosvos algúns audiolibros para diferentes niveis.

PARA INFANTIL 

La ratita presumida. (9min)


- Las aventuras de Pocoyó: Detective Pocoyó. (9min)


Pinocho. (12min)

- Cuentos infantiles volumen 2. (2h).
Este audiolibro é moi longo porque recolle dezanove clásicos infantís. Na parte de abaixo á dereita, a opción de CHAPTERS permítevos seleccionar o conto que queredes escoitar. Os máis axeitados para a etapa de infantil son os seguintes:
Chapter 2: El traje nuevo del Emperador.
Chapter 3: El conejito ingenioso.
Chapter 4: Las habichuelas mágicas.
Chapter 5: Las aventuras de muñequín.
Chapter 6: Vaya banquetes.
Chapter 7: Las hadas.
Chapter 8: El cuervo y la zorra.
Chapter 9: El burrito descontento.
Chapter 10: El enano saltarín.
Chapter 12: Los días de la semana.
Chapter 13: El lobo y las 7 cabritillas.
Chapter 14: El ratoncito Pérez.
Chapter 15: El tesoro perdido.



PARA 1º  E  2º DE PRIMARIA: 

Miraculous. Las aventuras de Ladybug. (11 min)


- Pedro y el bosque. (19min)


Alí Babá y los cuarenta ladrones. (14 min)



PARA 3º  E  4º DE PRIMARIA: 

- Mi nombre es Stilton, Geronimo Stilton. (1h e 3 min)


Tras la pista del Yeti. (1h e 5min)


PARA 5º  E  6º DE PRIMARIA: 

- La isla del tesoro. (1h e 38 min)


- La increíble historia de… El chico del millón. (3h e 31 min)


- Tedes acceso a todos os libros de Diario de Greg dende o canal de youtube de EL CHICO QUE LEE. Para acceder ao seu canal premede na seguinte ligazón:
Deixámosvos acceso directo aos seguintes:

1. Un pringao Total.                               2. La ley de Rodrick.                           3. Esto es el colmo.    
                                

Non queremos rematar sen contarvos que con motivo do día do Libro dende a ONCE (organización nacional de cegos españoles) lémbrannos o importante que é que as persoas cegas ou con dificultades visuais teñan garantizado o acceso á lectura. Que importantes son os audiolibros para todos aqueles con dificultades visuais. Pero se recordades o inicio desta entrada, o uso dos mesmos ten moitos beneficios para tod@s.

martes, 21 de abril de 2020

RECURSOS DIXITAIS PARA REPASAR AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Hoxe achegámosvos catro recursos para repasar as táboas de multiplicar.

- A Táboa pitagórica: (é necesario habilitar Adobe Flash Player)  Para acceder clicade en INICIAR para que apareza a táboa pitagórica. Nesta  hai que atopar todos os produtos posibles co resultado indicado e facer clic sobre a / as opción/s elexidas.



- Táboas de multiplicar do 1 ao 10: (é necesario habilitar Adobe Flash Player) Para comezar debes premer o botón START. É ideal para iniciarse no estudo das táboas, xa que permite facer un repaso de cada táboa por orde. Para responder tedes que clicar sobre o resultado da multiplicación indicada.



As aventuras do señor Pi: (é necesario habilitar Adobe Flash Player) Tedes que facer dobre clic en "empezar" para axudar ao señor Pi. Malasombra raptou a Bombi e para axudar no rescate debedes impulsar a nave do señor Pi; para iso tedes que responder a unhas cantas multiplicacións. Despois de responder a cada unha das multiplicacións  debedes clicar en comprobar. Se acertades aumentará a velocidade da nave do señor Pi e se fallades aumentará a velocidade da nave de Malasombra. Hai tres niveles de dificultade, cada un cun tempo determinado. 


A oca das táboas de multiplicar: (é necesario habilitar Adobe Flash Player) Para acceder clícase encima da oca, posteriormente ofrécenos a opción de participar un ou dous xogadores. Cada casa do xogo da oca esconde un reto diferente que hai que superar para poder avanzar.