Nesta entrada mostrámosvos un recurso interactivo para traballar a estimulación da linguaxe oral, especialmente a conciencia fonológica, nunha contorna multimedia. Inclúe unha Guía Didáctica das sesións, xogos e refráns con actividades para traballar online, así como materiais descargables
en pdf. Os contidos da aplicación GOZAMOS FALANDO son de utilidade para
o alumnado que presenta necesidades educativas especiais no ámbito
comunicativo, especialmente cando hai alteracións da linguaxe oral. Foi
subvencionado pola Consellería de Educación do Goberno de Estremadura.
http://contenidos.educarex.es/mci/2010/28/A-JUGAR.swf |
No hay comentarios:
Publicar un comentario