Este conto ensínanos todas as cores que poden ter os bicos. Que che parece a idea de telos todos gardados nun tarro? Busca un tarro chulo que teñas na casa e nel garda pequenos papeis cos diferentes tipos de bicos. Así poderás empregar o bico que precises no momento oportuno.
Aquí tes unha plantilla para facer os teus propios bicos de cores. Podes darlle o significado que ti queiras e mesmo inventar tipos de bico e de outras cores (bicos de mel, bicos de algodón, bicos de azucre, bicos de regaliz, bicos de chocolate...)
Outra idea para agasallar a muller importante da túa vida é escribirlle algo ben lindo e sentido e como non, acompañalo dun bonito debuxo que lle faga honor a súa beleza.
DESCARGA AQUÍ PLANTILLA MULLER IMPORTANTE DA MIÑA VIDA
Podedes enviarnos fotografías dos vosos tarros de bicos e das descricións e debuxos desas "mulleres importantes" ao seguinte correo:
orientacionsionlla@gmail.com
Encantaríanos poder ver o voso resultado. Animádevos e bicos mil!!!!
Que chulas estas propostas! Encántame o tarro dos bicos. Creo que me vou animar a facer o meu para a miña nai...
ResponderEliminarBico grande profes e noraboa por todo o traballo que hai detrás deste magnífico blog! Unha forte aperta.
A profe Ana.