Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

Mostrando entradas con la etiqueta EDUCACIÓN PRIMARIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDUCACIÓN PRIMARIA. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2020

REPASAMOS CONTIDOS MATEMÁTICOS

Plantexámosvos diferentes actividades online para repasar contidos da área de matemáticas.
Estas tarefas están destinadas ao alumnado de 1º, 2º e 3º.

ORDE ASCENDENTE DOS NÚMEROS: nesta actividade tedes que colocar os números de menor a maior.



Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:





SUMAS:



Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:



RESTAS:



Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:



MULTIPLICACIÓN:


Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:




JUEGOS CON LOS EUROS:

Busca o teu nivel e preme para realizar as tarefas:



Podedes deixarnos un comentario para contarnos que tal vos foi con estes exercicios ou escribirnos un correo electrónico a orientacionsionlla@gmail.com.

miércoles, 27 de mayo de 2020

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR III

Outra lección de mecanografía, destinada ao alumnado de 4º, 5º e 6º.

Seguimos dando continuidade ao traballo de entradas anteriores (22 de abril e 6 de maio).

Podedes repasar os contidos que traballamos ata agora, accedendo ás entradas correspondentes:

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR II

Imos introducir catro novas teclas R, T, Y, U. Estas teclas tamén se premen utilizando os dedos índices, que traballamos na última lección.
Para pulsar as teclas R, T debedes usar o dedo índice da man esquerda e para pulsar as teclas Y, U debedes usar o dedo índice da man dereita. Podedes velo gráficamente na seguinte imaxe.



Para premer estas teclas tedes que desplazar o dedo índice correspondente, pero logo tedes que devolver o dedo a súa posición de orixe. É dicir, se pulsades a tecla R, unha vez pulsada tedes que devolver o dedo índice esquerdo a letra F.

Agora toca practicar cos seguintes exercicios, premede na imaxe para comezar.


Recordade clicar en CONTINUAR cando remates un exercicio para acceder ao seguinte. Se decidides repetilo podedes pulsar en REPETIR e ademais podedes volver atrás coa opción de EXERCICIO ANTERIOR ou podedes avanzar sen realizar un exercicio en SALTAR ESTE EXERCICIO

Enviádenos as vosas fotos practicando a  orientacionsionlla@gmail.com


martes, 19 de mayo de 2020

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

Cando pensamos nun problema da área de matemáticas, vénnos á cabeza unha pregunta a cal temos que dar resposta.

É frecuente que plantexemos ao alumnado moitas operacións descontextualizadas, cuxo único fin é a práctica e dominio memorístico do mecanismo. Pero estas operacións cobran sentido na resolución dos problemas matemáticos.

A resolución de problemas matemáticos non é operar por operar, é entender o que se fai, é reflexionar, é pensar, é razoar... en definitiva, comprender para poder resolver.
Debemos ter presente que as matemáticas non son nin deben ser un área desvinculada das áreas das linguas. Xa que, para poder axudar a resolver, necesitamos ademais de operar, comprender ben. A comprensión lectora é de suma importancia.

Na resolución de problemas matemáticos débese seguir unha secuencia lóxica, como a seguinte:

- 1º) Ler o problema.

- 2º) Arrodear os datos necesarios do problema.

- 3º) Subliñar a pregunta, para coñecer o que lles pide o problema.

- 4º) Decidir que facer no problema.


- 5º) Debuxar o problema, para representar a situación.

- 6º) Realizar a operación ou operacións.

- 7º) Voltar a ler a pregunta e escribir a solución.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder a multitude de problemas matemáticos para diferentes niveis. Deslizade a barra de desprazamento cara abaixo para poder seleccionar o nivel adecuado e resolver moitos problemas matemáticos.

jueves, 14 de mayo de 2020

APRENDER E ENTRETER

Neste período marcado polo coronavirus, compartimos unha recopilación de APPS e PLATAFORMAS PARA APRENDER XOGANDO. Nestas páxinas atoparedes ferramentas prácticas que fomentan a aprendizaxe a través da tecnoloxía, para seguir aprendendo dunha forma divertida, cada un ao seu ritmo.



Tamén vos presentamos unha páxina que crea fichas divertidas que acompañan a uns contos moi entretidos. (pincha aquí para acceder) ÉRASE UNA VEZ UN CUENTO.

 ONTE 13 DE MAIO, ESTRENARON A FICHA DE «LAS ARDILLAS DE PEPA». É a primeira que está disponible non solo para descargar senon tamén como FICHA INTERACTIVA. ¡Esperamos que vos gusten!

lunes, 11 de mayo de 2020

O MAR NO CAMIÑO

FUNDAMAR desenvolveu recentemente o proxecto O Mar no Camiño, achegando Obradoiros de difusión da cultura mariñeira a máis de 300 nenos e nenas en centros educativos ao longo do Camiño de Santiago Portugués.

Os obradoiros, de carácter pedagóxico, artístico e inclusivo, estiveron divididos en dúas partes. Unha primeira parte onde se relataba o conto sobre as aventuras de, Migueliña a vieira e os seus amigos no camiño a Santiago, trasladando ao alumnado coñecementos sobre o patrimonio cultural e natural relacionado co sector marítimo pesqueiro, e unha segunda onde o alumnado realizaba unha peza representativa dalgunha das escenas do conto, utilizando a técnica de origami ou papiroflexia.

As actividades, que tiveron como resultado una obra colaborativa que forma parte da exposición virtual, foron dirixidas coa colaboración de MIMADRIÑA, educadora social, recoñecida polos seus traballos de artesanía en origami, e tiveron carácter pedagóxico, artístico e inclusivo, utilizando papel elaborado pola Asociación de Familias de Persoas con Parálises Cerebral de Vigo (APAMP).

A continuación tedes as ligazóns a web do proxecto e o canal de Youtube coas historias dos personaxes protagonistas desta iniciativa. 
https://omarnocamino.org/

O obxectivo principal foi familiarizar aos nenos e nenas coa importancia e valores do Camiño de Santiago e co patrimonio cultural marítimo-pesqueiro galego a través das súas personaxes: Migueliña, a vieira, Laura, a xarda, Antón, o cangrexo e Roberto, o polbo.

O MAR NO CAMIÑO | FUNDAMAR | Fundación para la Pesca y el Marisqueo
https://www.youtube.com/channel/UCOcVTHStwo6W7_gNQAKzv2A

Agardamos que vos guste; e se algún/algunha se anima a facer unha vieira, unha barquiña, un sombreiro ou bastón de peregrino...encantaríanos que nos enviedes as fotos do resultado das obras. 

Aquí deixamos o noso enderezo electrónico:

orientacionsionlla@gmail.com
 

miércoles, 6 de mayo de 2020

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR II

É importante que fagades un uso adecuado do teclado, por iso vos traemos unha nova lección de mecanografía, destinada ao alumnado de 4º, 5º e 6º.

Hoxe imos dar continuidade ao traballo que iniciamos na entrada do 22 de abril. Podedes repasar os contidos premendo no título:

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR


Tras recordar para que serven algunhas teclas do teclado, a posición das mans e as letras A, S, D, F (coa man esquerda) e as J, K, L, Ñ (coa man dereita); toca traballar dúas novas teclas G e H situadas entre os dedos índices, se temos as mans situadas na posición base.

Á hora de pulsar as teclas G e H o movemento dos dedos é moi sinxelo. Para pulsar a letra G debes usar o teu dedo índice da man esquerda, e para pulsar a letra H debes utilizar o dedo índice da man dereita. A continuación podes velo gráficamente:


Para premer as teclas G e H tedes que desplazar o dedo índice correspondente, pulsar a tecla e devolver o dedo a súa posición de orixe. É dicir, se pulsades a tecla G, unha vez pulsada tedes que devolver o dedo índice esquerdo a letra F.

Agora toca practicar cos seguintes exercicios, premede na imaxe para comezar.


Recordade clicar en CONTINUAR cando remates un exercicio, para acceder ao seguinte. Se decidides repetilo podedes pulsar en REPETIR e ademais podedes volver atrás coa opción de EXERCICIO ANTERIOR ou podedes avanzar sen realizar un exercicio en SALTAR ESTE EXERCICIO

Enviádenos as vosas fotos practicando a orientacionsionlla@gmail.com

domingo, 26 de abril de 2020

GUERNICA, UN 26 DE ABRIL DE 1937…

Un día como hoxe, hai 83 anos, bombardean Guernica. Uns meses máis tarde, Pablo Picasso pintaba o cadro polo que sería recoñecido por todo o globo terráqueo. 

Para conmemorar este día compartimos este taboleiro de conversación, para que poidades describir, reflexionar e debater sobre o que supuxo esta obra de arte no voso fogar. Para coñecer máis o que significou que Picasso pintase o Guernica e filosofar sobre a guerra. 



  
COMO SE XOGA? 
  • O taboleiro comeza na parte superior dereita: dende aí, séguense as frechas pasando tamén polos recadros do propio cadro.
  • Non é necesario utilizar dado: o taboleiro está pensado para percorrerse de principio a fin, casilla a casilla. Unha vez termínase de responder unha casilla, pásase á seguinte. Se se utiliza con máis dun alumno/a, ben poden falar todos en cada casilla, ben pode facerse por quendas.
  • Hai dous tipos de casilla: as casillas con texto e as casillas de imaxe. As casillas con texto non requiren de explicación: respóndese, reflexiona ou se debate sobre o tema que indiquen. As casillas con imaxe son actividades descritivas: o alumno terá que describir con detalle todo o que ve nesa parcela do cadro.
  • O obxectivo da actividade é, por unha banda, practicar a expresión oral e, por outro, coñecer máis sobre a obra máis coñecida de Picasso. Por iso, ao terminar o taboleiro chegamos a un código QR que nos leva, á súa vez, ao seguinte vídeo explicativo (que recolle algunhas das preguntas que expón o taboleiro):