Fondo lector é un programa promovido pola Junta de Andalucía que
pretende o desenvolvemento da lectura comprensiva. Esta dirixido a
alumnos que se atopan en fase de desenvolvemento da aprendizaxe lectora e
sobre todo a aqueles que problemas de comprensión lectora. Consta de
tres niveles: básico, intermedio e avanzado graduándose a dificultade dos exercicios nos mesmos.
Os exercicios que desenvolve nos niveis básico e internedio
son de seis tipos e están orientados a aqueles alumnos que comezan a
ler ou aqueloutros que presentan dificultades coa comprensión lectora:
- Ordenar as palabras dunha frase.
- Ordenar unha secuencia de frases.
- Responder a preguntas dunha lectura.
- Relacionar unha palabra co seu sinónimo.
- Relacionar unha palabra coa súa antónimo.
- Atopar unha palabra que non garda relación coas demais.
www.ceiploreto.es/sugerencias/juntadeandalucia/fondolector/fondo.htm |
No nivel avanzado desenvólvense cinco tipos de exercicios, orientados ao
perfeccionamento da comprensión lectora, polo que poderán ser
utilizados por calquera alumno con certo desenvolvemento da lectura
comprensiva:
- Palabras polisémicas.
- Sinalar o significado dunha frase feita.
- Sinalar a idea principal dun texto.
- Frases con diferentes sentidos das palabras polisémicas.
- Sinalar o significado dun refrán
www.ceiploreto.es/sugerencias/juntadeandalucia/fondolector/fondo1.htm |
Requírese ter instalado o plugin de Macromedia Flash 5.0 ou superior e estar optimizada a pantalla para unha resolución de 800x600 puntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario