Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2020

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR III

Outra lección de mecanografía, destinada ao alumnado de 4º, 5º e 6º.

Seguimos dando continuidade ao traballo de entradas anteriores (22 de abril e 6 de maio).

Podedes repasar os contidos que traballamos ata agora, accedendo ás entradas correspondentes:

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR II

Imos introducir catro novas teclas R, T, Y, U. Estas teclas tamén se premen utilizando os dedos índices, que traballamos na última lección.
Para pulsar as teclas R, T debedes usar o dedo índice da man esquerda e para pulsar as teclas Y, U debedes usar o dedo índice da man dereita. Podedes velo gráficamente na seguinte imaxe.



Para premer estas teclas tedes que desplazar o dedo índice correspondente, pero logo tedes que devolver o dedo a súa posición de orixe. É dicir, se pulsades a tecla R, unha vez pulsada tedes que devolver o dedo índice esquerdo a letra F.

Agora toca practicar cos seguintes exercicios, premede na imaxe para comezar.


Recordade clicar en CONTINUAR cando remates un exercicio para acceder ao seguinte. Se decidides repetilo podedes pulsar en REPETIR e ademais podedes volver atrás coa opción de EXERCICIO ANTERIOR ou podedes avanzar sen realizar un exercicio en SALTAR ESTE EXERCICIO

Enviádenos as vosas fotos practicando a  orientacionsionlla@gmail.com


martes, 19 de mayo de 2020

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

Cando pensamos nun problema da área de matemáticas, vénnos á cabeza unha pregunta a cal temos que dar resposta.

É frecuente que plantexemos ao alumnado moitas operacións descontextualizadas, cuxo único fin é a práctica e dominio memorístico do mecanismo. Pero estas operacións cobran sentido na resolución dos problemas matemáticos.

A resolución de problemas matemáticos non é operar por operar, é entender o que se fai, é reflexionar, é pensar, é razoar... en definitiva, comprender para poder resolver.
Debemos ter presente que as matemáticas non son nin deben ser un área desvinculada das áreas das linguas. Xa que, para poder axudar a resolver, necesitamos ademais de operar, comprender ben. A comprensión lectora é de suma importancia.

Na resolución de problemas matemáticos débese seguir unha secuencia lóxica, como a seguinte:

- 1º) Ler o problema.

- 2º) Arrodear os datos necesarios do problema.

- 3º) Subliñar a pregunta, para coñecer o que lles pide o problema.

- 4º) Decidir que facer no problema.


- 5º) Debuxar o problema, para representar a situación.

- 6º) Realizar a operación ou operacións.

- 7º) Voltar a ler a pregunta e escribir a solución.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder a multitude de problemas matemáticos para diferentes niveis. Deslizade a barra de desprazamento cara abaixo para poder seleccionar o nivel adecuado e resolver moitos problemas matemáticos.

miércoles, 6 de mayo de 2020

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR II

É importante que fagades un uso adecuado do teclado, por iso vos traemos unha nova lección de mecanografía, destinada ao alumnado de 4º, 5º e 6º.

Hoxe imos dar continuidade ao traballo que iniciamos na entrada do 22 de abril. Podedes repasar os contidos premendo no título:

APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR


Tras recordar para que serven algunhas teclas do teclado, a posición das mans e as letras A, S, D, F (coa man esquerda) e as J, K, L, Ñ (coa man dereita); toca traballar dúas novas teclas G e H situadas entre os dedos índices, se temos as mans situadas na posición base.

Á hora de pulsar as teclas G e H o movemento dos dedos é moi sinxelo. Para pulsar a letra G debes usar o teu dedo índice da man esquerda, e para pulsar a letra H debes utilizar o dedo índice da man dereita. A continuación podes velo gráficamente:


Para premer as teclas G e H tedes que desplazar o dedo índice correspondente, pulsar a tecla e devolver o dedo a súa posición de orixe. É dicir, se pulsades a tecla G, unha vez pulsada tedes que devolver o dedo índice esquerdo a letra F.

Agora toca practicar cos seguintes exercicios, premede na imaxe para comezar.


Recordade clicar en CONTINUAR cando remates un exercicio, para acceder ao seguinte. Se decidides repetilo podedes pulsar en REPETIR e ademais podedes volver atrás coa opción de EXERCICIO ANTERIOR ou podedes avanzar sen realizar un exercicio en SALTAR ESTE EXERCICIO

Enviádenos as vosas fotos practicando a orientacionsionlla@gmail.com

martes, 5 de mayo de 2020

AS NORMAS DE ACENTUACIÓN

Normalmente, o alumnado de primaria adoita entender sen problemas, as regras de acentuación. Pero, ás veces, non lle parece importante utilizalas. Debemos insistir na necesidade de aplicar as regras ortográficas, tanto as relativas ás grafías, como as que se refiren á acentuación ou á puntuación.

Imos a repasar as normas de acentuación traballadas na materia de lengua castelá, resumidas na seguinte imaxe.


PULSA AQUÍ PARA DESCARGAR O PÓSTER NORMAS DE ACENTUACIÓN


Para practicar as normas de acentuación, propoñémosvos varias actividades interactivas, destinadas ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Premede enriba de cada unha das seguintes imaxes para acceder as tarefas. Ao rematar cada unha delas, podedes comprobar que tal o fixestes pulsando en ¡TERMINADO! e en COMPROBAR MIS RESPUESTAS. Logo deslizade a barra de desplazamento hacia arriba e veredes a vosa nota nese exercicio.

É importante que non vos olvidedes de poñer os acentos gráficos, que escribades con minúsculas e que sigades unha orde nas respostas. Se obviades estos detalles, na corrección poden computarse como erros.

Se consultades o post do 22 de abril de 2020 podedes recordar como se escribe o acento gráfico.


                        

                 



  Contádenos como vos foi con estes exercicios escribíndonos a orientacionsionlla@gmail.com ou deixádenos un comentario.

miércoles, 29 de abril de 2020

O TARRO DOS BICOS PARA A MULLER IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Achégase o día da nai e queremos compartir convosco este conto...

         
Este conto ensínanos todas as cores que poden ter os bicos. Que che parece a idea de telos todos gardados nun tarro?  Busca un tarro chulo que teñas na casa e nel garda pequenos papeis cos diferentes tipos de bicos. Así poderás empregar o bico que precises no momento oportuno. 

Aquí tes unha plantilla para facer os teus propios bicos de cores. Podes darlle o significado que ti queiras e mesmo inventar tipos de bico e de outras cores (bicos de mel, bicos de algodón, bicos de azucre, bicos de regaliz, bicos de chocolate...) 

DESCARGA AQUÍ A PLATILLA DOS BICOS


Outra idea para agasallar a muller importante da túa vida é escribirlle algo ben lindo e sentido e como non, acompañalo dun bonito debuxo que lle faga honor a súa beleza.



DESCARGA AQUÍ PLANTILLA MULLER IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Podedes enviarnos fotografías dos vosos tarros de bicos e das descricións e debuxos desas "mulleres importantes" ao seguinte correo:


 orientacionsionlla@gmail.com

 Encantaríanos poder ver o voso resultado. Animádevos e bicos mil!!!!

domingo, 26 de abril de 2020

GUERNICA, UN 26 DE ABRIL DE 1937…

Un día como hoxe, hai 83 anos, bombardean Guernica. Uns meses máis tarde, Pablo Picasso pintaba o cadro polo que sería recoñecido por todo o globo terráqueo. 

Para conmemorar este día compartimos este taboleiro de conversación, para que poidades describir, reflexionar e debater sobre o que supuxo esta obra de arte no voso fogar. Para coñecer máis o que significou que Picasso pintase o Guernica e filosofar sobre a guerra. 



  
COMO SE XOGA? 
  • O taboleiro comeza na parte superior dereita: dende aí, séguense as frechas pasando tamén polos recadros do propio cadro.
  • Non é necesario utilizar dado: o taboleiro está pensado para percorrerse de principio a fin, casilla a casilla. Unha vez termínase de responder unha casilla, pásase á seguinte. Se se utiliza con máis dun alumno/a, ben poden falar todos en cada casilla, ben pode facerse por quendas.
  • Hai dous tipos de casilla: as casillas con texto e as casillas de imaxe. As casillas con texto non requiren de explicación: respóndese, reflexiona ou se debate sobre o tema que indiquen. As casillas con imaxe son actividades descritivas: o alumno terá que describir con detalle todo o que ve nesa parcela do cadro.
  • O obxectivo da actividade é, por unha banda, practicar a expresión oral e, por outro, coñecer máis sobre a obra máis coñecida de Picasso. Por iso, ao terminar o taboleiro chegamos a un código QR que nos leva, á súa vez, ao seguinte vídeo explicativo (que recolle algunhas das preguntas que expón o taboleiro):