Queremos comezar a semana recomendando unha web adicada á cociña http://www.chefdown.es/
http://www.chefdown.es/ |
Nesta web atoparedes interesantes receitas saúdables para poder pácticar nestes días de corentena. Esta interesante iniciativa nace por parte de DOWN ESPAÑA gracias á colaboración de Eroski, poñendo en marcha unha web con vídeo-receitas nas que son os mozos e mozas con esta discapacidade intelectual son quen se poñen o mandil e explican, paso a paso, como elaborar diversos pratos. Nesta web podedes atopar todo o necesario para elaborar unha dieta completa e equilibrada: entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, almorzos,…Un dos aspectos que máis se coidou na realización do portal é que todas as súas receitas distinguísense por ser apetecibles e moi saúdables. Con iso preténdese aprender que a alimentación, ademais de rica, pode ser sá. Por este motivo, as receitas dispoñibles en www.chefdown.es permiten aos usuarios planificar o seu propio menú semanal saúdable, de maneira fácil, intuitiva e personalizable. Ademáis da diversidade de receitas engadir que a web conta con unha ampla selección de receitas libres de glute, ideais para nenos e mozos celiacos.
Agardamos que este recurso vos sexa de utilidade, bon appetit !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario