A suspensión das clases polo coronavirus provocou que moitos dos nosos pequenos estén conectados ás novas tecnoloxías para continuar co curso a distancia. Ogallá que todos os cativos contasen nas súas casas cun ordenador e unha boa conexión á rede.
Pensamos que é unha boa idea que o alumnado aproveite este tempo na casa para mellorar a súa competencia dixital. Por iso, nos parece interesante animarvos a escribir no ordenador de forma correcta. É igual de importante escribir de maneira adecuada en papel que en calquera plataforma dixital. Se vos preocupades por mellorar o uso que facedes do teclado conseguiredes escribir con máis rapidez e con maior facilidade. Lembrade que tamén debedes coidar a ortografía.
Comezamos repasando para que sirven algunhas das teclas do teclado.
- Tecla Bloqueo de Maiúsculas: preméndoa escribiredes en maiúsculas. E para volver a escribir en minúsculas tedes que desactivala, preméndoa de novo.
- Tecla Retorno (Intro, Enter): cando pulsades esta tecla cambiades
de línea.
- Tecla Eliminar: e para borrar calquera letra ou
carácter que esté situado por diante do cursor de texto (a línea vertical que
parpadea).
- Punto e coma: pulsando esas teclas podes
escribilas.
- Acento gráfico: é a tecla que está á dereita da
tecla Ñ. Para poñer acento, primeiro tedes que pulsar unha vez a tecla da tilde
e logo a tecla da letra sobre a que se quere colocar o acento gráfico.
- Diérese: está na mesma tecla do acento
gráfico, pero para activala hai que seguir uns cantos pasos. Primeiro hai que
premer a tecla de Maiúsculas (ollo, non a de Bloqueo de Maiúsculas, senón as
teclas vermellas), e sen soltala hai que premer unha vez a tecla da diérese e logo sóltanse ambas teclas e prémese a tecla da letra sobre a cal se quere
colocar diérese.Despois de repasar algunhas das teclas do teclado. Imos coas letras. Hai un truco para saber se os dedos están ben colocados no teclado sen sequera miralo. Se vos fixades as teclas F e J teñen unhas marcas, nestas teclas debedes colocar os dedos índices como podedes ver na seguinte imaxe.
Na imaxe anterior tedes marcadas de cor verde as teclas nas que os vosos dedos deben descansar. Despois de premer calquera tecla os vosos dedos sempre deben volver ás teclas de cor verde.
Deixámosvos uns cantos exercicios para practicar. Cando realicedes o primeiro premede en CONTINUAR para acceder ao seguinte; aínda que tamén podedes pulsar en REPETIR se decidides facer o mesmo exercicio. Ademais tedes dúas opcións moi interesantes, para volver atrás podedes clicar en EXERCICIO ANTERIOR e para avanzar sen facer un exercicio SALTAR ESTE EXERCICIO.
(CONTINUADE LENDO MÁIS ABAIXO)
Non vades creer o que nos pasou! Esquecemos o nome da técnica para escribir a máquina ou a ordenador. Chamábase mecano... mecanagrifi... mecunagra... mecanugrufía... Imposible! Non o recordamos. A ver se nos axudades. Se vós sabedes o nome da técnica na cal queremos que vos iniciedes, deixádenos un comentario.
Ademais se vos animades a practicar, podedes enviarnos as vosas fotos practicando. Para os que non lle gusten as fotos, conformámonos cunha foto da vosa pantalla do ordenador. Esperamos os vosos correos electrónicos en:
orientacionsionlla@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario