Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

miércoles, 29 de abril de 2020

O TARRO DOS BICOS PARA A MULLER IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Achégase o día da nai e queremos compartir convosco este conto...

         
Este conto ensínanos todas as cores que poden ter os bicos. Que che parece a idea de telos todos gardados nun tarro?  Busca un tarro chulo que teñas na casa e nel garda pequenos papeis cos diferentes tipos de bicos. Así poderás empregar o bico que precises no momento oportuno. 

Aquí tes unha plantilla para facer os teus propios bicos de cores. Podes darlle o significado que ti queiras e mesmo inventar tipos de bico e de outras cores (bicos de mel, bicos de algodón, bicos de azucre, bicos de regaliz, bicos de chocolate...) 

DESCARGA AQUÍ A PLATILLA DOS BICOS


Outra idea para agasallar a muller importante da túa vida é escribirlle algo ben lindo e sentido e como non, acompañalo dun bonito debuxo que lle faga honor a súa beleza.



DESCARGA AQUÍ PLANTILLA MULLER IMPORTANTE DA MIÑA VIDA

Podedes enviarnos fotografías dos vosos tarros de bicos e das descricións e debuxos desas "mulleres importantes" ao seguinte correo:


 orientacionsionlla@gmail.com

 Encantaríanos poder ver o voso resultado. Animádevos e bicos mil!!!!

martes, 28 de abril de 2020

CONTO PARA SEGUIR APRENDENDO DENDE A CASA

Aquí vos deixamos un contiño adicado a todos os nenos e nenas, familias e docentes, "MAESTRO Y AHORA QUE HAGO" (pincha no título para descargalo).
Trae moitas ideas para ocupar este tempo de corentena con cousiñas moi motivadoras e divertidas, pois nada nos vai a impedir seguir aprendendo dende a casa (pincha na imaxe para velo)


PASEOS NO CONFINAMENTO


Para que podades recordar os vosos paseos durante os confinamento, deixámosvos para descargar unha folla de roteiro. Podedes facer o voso caderno de roteiros da corentena e despois gardalo coa vosa cápsula do tempo. E cando todo isto acabe...poderás lembrar todas as cousas que fuches capaz de facer nestes tempos difíciles de corentena.

DESCARGAR AQUÍ FOLLA DE ROTEIRO

lunes, 27 de abril de 2020

FACEMOS UNHA CÁPSULA DO TEMPO...

Pedímoslle tempo ao tempo, e este confinamento unha das cousas que nos deu foi tempo... un lugar na casa e ocasións para aproveitar.

Aquí vos deixamos unha proposta moi divertida, moi ben explicada por Peppa Pig, atención aos detalles ;-)




Animádevos a facer a vosa propia cápsula do tempo con materiais de refugallo, aquí vos deixamos un vídeo titorial moi ilustrativo.




E tamén unha proposta de actividades a facer, así poderás recordar o que estaba pasando dentro duns anos. Anímate e mándanos a foto co resultado ao correo de orientacionsionlla@gmail.com

PINCHA AQUÍ PDF


domingo, 26 de abril de 2020

GUERNICA, UN 26 DE ABRIL DE 1937…

Un día como hoxe, hai 83 anos, bombardean Guernica. Uns meses máis tarde, Pablo Picasso pintaba o cadro polo que sería recoñecido por todo o globo terráqueo. 

Para conmemorar este día compartimos este taboleiro de conversación, para que poidades describir, reflexionar e debater sobre o que supuxo esta obra de arte no voso fogar. Para coñecer máis o que significou que Picasso pintase o Guernica e filosofar sobre a guerra. 



  
COMO SE XOGA? 
  • O taboleiro comeza na parte superior dereita: dende aí, séguense as frechas pasando tamén polos recadros do propio cadro.
  • Non é necesario utilizar dado: o taboleiro está pensado para percorrerse de principio a fin, casilla a casilla. Unha vez termínase de responder unha casilla, pásase á seguinte. Se se utiliza con máis dun alumno/a, ben poden falar todos en cada casilla, ben pode facerse por quendas.
  • Hai dous tipos de casilla: as casillas con texto e as casillas de imaxe. As casillas con texto non requiren de explicación: respóndese, reflexiona ou se debate sobre o tema que indiquen. As casillas con imaxe son actividades descritivas: o alumno terá que describir con detalle todo o que ve nesa parcela do cadro.
  • O obxectivo da actividade é, por unha banda, practicar a expresión oral e, por outro, coñecer máis sobre a obra máis coñecida de Picasso. Por iso, ao terminar o taboleiro chegamos a un código QR que nos leva, á súa vez, ao seguinte vídeo explicativo (que recolle algunhas das preguntas que expón o taboleiro):