Seguimos dando continuidade ao traballo de entradas anteriores (22 de abril e 6 de maio).
Podedes repasar os contidos que traballamos ata agora, accedendo ás entradas correspondentes:
APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR
APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR II
Imos introducir catro novas teclas R, T, Y, U. Estas teclas tamén se premen utilizando os dedos índices, que traballamos na última lección.
Para pulsar as teclas R, T debedes usar o dedo índice da man esquerda e para pulsar as teclas Y, U debedes usar o dedo índice da man dereita. Podedes velo gráficamente na seguinte imaxe.
Para premer estas teclas tedes que desplazar o dedo índice correspondente, pero logo tedes que devolver o dedo a súa posición de orixe. É dicir, se pulsades a tecla R, unha vez pulsada tedes que devolver o dedo índice esquerdo a letra F.
Agora toca practicar cos seguintes exercicios, premede na imaxe para comezar.
Recordade clicar en CONTINUAR cando remates un exercicio para acceder ao seguinte. Se decidides repetilo podedes pulsar en REPETIR e ademais podedes volver atrás coa opción de EXERCICIO ANTERIOR ou podedes avanzar sen realizar un exercicio en SALTAR ESTE EXERCICIO
Enviádenos as vosas fotos practicando a orientacionsionlla@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario