Hoxe imos dar continuidade ao traballo que iniciamos na entrada do 22 de abril. Podedes repasar os contidos premendo no título:
APRENDEMOS A ESCRIBIR NO ORDENADOR
Tras recordar para que serven algunhas teclas do teclado, a posición das mans e as letras A, S, D, F (coa man esquerda) e as J, K, L, Ñ (coa man dereita); toca traballar dúas novas teclas G e H situadas entre os dedos índices, se temos as mans situadas na posición base.
Á hora de pulsar as teclas G e H o movemento dos dedos é moi sinxelo. Para pulsar a letra G debes usar o teu dedo índice da man esquerda, e para pulsar a letra H debes utilizar o dedo índice da man dereita. A continuación podes velo gráficamente:
Para premer as teclas G e H tedes que desplazar o dedo índice correspondente, pulsar a tecla e devolver o dedo a súa posición de orixe. É dicir, se pulsades a tecla G, unha vez pulsada tedes que devolver o dedo índice esquerdo a letra F.
Agora toca practicar cos seguintes exercicios, premede na imaxe para comezar.
Recordade clicar en CONTINUAR cando remates un exercicio, para acceder ao seguinte. Se decidides repetilo podedes pulsar en REPETIR e ademais podedes volver atrás coa opción de EXERCICIO ANTERIOR ou podedes avanzar sen realizar un exercicio en SALTAR ESTE EXERCICIO.
Enviádenos as vosas fotos practicando a orientacionsionlla@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario