Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

lunes, 18 de mayo de 2020

18 de MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

«Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» é o tema para a edición de 2020 do Día Internacional dos Museos que se celebra o 18 de maio de 2020.

  VER PÓSTER DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O obxectivo do Día Internacional dos Museos (DIM) é concienciar sobre a importancia dos museos como medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos. Organizados cada 18 de maio ou ao redor desa data desde hai máis de 40 anos, os eventos e actividades planeados para celebrar o DIM poden durar un día, unha fin de semana ou incluso toda a semana.

Co tema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”, o Día Internacional dos Museos 2020 #DIM2020 ten como obxectivo converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos no que os museos mostran e nas historias que contan. A continuación deixámosche unha lámina para que poidas decorar o teu propio cartel para conmemorar este día

DESCARGA AQUÍ A TÚA PLANTILLA

A pesar da actual situación de pandemia xeneralizada, o #DIM2020 o Día Internacional dos Museos 2020 dixitalízase.  Na seguinte ligazón http://imd.icom.museum/es/, poderás atopar un mapa interactivo con diferentes propostas de museos do mundo para celebrar este día.

Non esquezamos que museos virtuais son unha realidade. Grazas a diversas iniciativas de dixitalización do patrimonio cultural, podedes acceder a numerosos museos do mundo sen moverse de casa, basta con ter acceso a internet. Neste ligazón poderás acceder a máis de 50 museos virtuais. https://sincopyright.com/museos-virtuales/

https://sincopyright.com/museos-virtuales/

Podes realizar unha visita virtual a estes museos gratis. Todos teñen coleccións dixitalizadas onde ver fotografías das pezas da colección e algúns tamén catálogos exhaustivos, vídeos de percorridos polas súas salas ou mesmo verdadeiras visitas virtuais interactivas.

Estas preparad@ para a túa visita virtual? 

   Animated GIF | Mondrian

No hay comentarios:

Publicar un comentario