Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

martes, 19 de mayo de 2020

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS

Cando pensamos nun problema da área de matemáticas, vénnos á cabeza unha pregunta a cal temos que dar resposta.

É frecuente que plantexemos ao alumnado moitas operacións descontextualizadas, cuxo único fin é a práctica e dominio memorístico do mecanismo. Pero estas operacións cobran sentido na resolución dos problemas matemáticos.

A resolución de problemas matemáticos non é operar por operar, é entender o que se fai, é reflexionar, é pensar, é razoar... en definitiva, comprender para poder resolver.
Debemos ter presente que as matemáticas non son nin deben ser un área desvinculada das áreas das linguas. Xa que, para poder axudar a resolver, necesitamos ademais de operar, comprender ben. A comprensión lectora é de suma importancia.

Na resolución de problemas matemáticos débese seguir unha secuencia lóxica, como a seguinte:

- 1º) Ler o problema.

- 2º) Arrodear os datos necesarios do problema.

- 3º) Subliñar a pregunta, para coñecer o que lles pide o problema.

- 4º) Decidir que facer no problema.


- 5º) Debuxar o problema, para representar a situación.

- 6º) Realizar a operación ou operacións.

- 7º) Voltar a ler a pregunta e escribir a solución.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder a multitude de problemas matemáticos para diferentes niveis. Deslizade a barra de desprazamento cara abaixo para poder seleccionar o nivel adecuado e resolver moitos problemas matemáticos.

1 comentario:

  1. Ola chicas! Moitas gracias por este recurso, é moi interesante. Unha aperta. Ana

    ResponderEliminar