Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

martes, 19 de mayo de 2020

ENTRE O ARTE E O DESAFÍO EN CORENTENA #tussenkunstenquarantainechallenge

A corentena aínda non rematou e tampouco a creatividade e os retos nas redes sociais. Por iso apreoveitando que onte foi o Día Internacional do Museos queremos propoñervos o reto de #tussenkunstenquarantainechallenge  un novo challenge para todos a amantes da arte.

O reto consiste consiste en recrear unha obra de arte con obxectos e persoas que de atopen na casa, para facelo só segue os seguintes indicacións:
  • Calquera membro da familia pode participar, non hai límites.
  • Elixe a túa obra de arte favorita ou podes descubrir na rede ou museos virtuais novas creacións.
  • Podes empregar obxectos da túa casa para recrear a obra. 
  • Hai moitas obras nas que te podes inspirar, recorda que hai obras que retratan persoas, animais, obxectos e tamén paisaxes. 
  • Envíanos o resultado a orientacionsionlla@gmail.com

Se aínda non tes claro que obra de arte escoller podes buscar a inspiración necesaria no seguinte recurso. 

https://artsandculture.google.com/color?col=GREEN

Neste sitio web podemos descubrir un gran abanico de actividades relacionadas coa arte e, en especial, coa visita de museos onlines. Google Arts & Culture: Explorador pola cor dános a posibilidade de visualizar e marabillarnos con algunhas das pezas pictóricas máis representativas da arte plástico ao longo da historia. Nesta ocasión, o xogo que nos propón Google é elixir a cor que desexamos visualizar (amarelo, azul cian, vermello magenta, branco perla…) e acceder a unha importante ristra de cadros onde a gama cromática seleccionada é o protagonista. Desta maneira, se se selecciona a cor amarela apareceranvos obras como “Os Xirasois” de Van Gogh ou se o fai no verde poderedes ver "Ofelia" de John Everett Millais.

Para completar a vosa obra é importante que adxuntedes coa foto o seguinte documento cuberto cos datos relevantes da obra na que vos inspirastes xunto os datos da vosa creación.

DESCARGA AQUÍ O DOCUMENTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario