FUNDAMAR desenvolveu recentemente o proxecto O Mar no Camiño, achegando Obradoiros de difusión da cultura mariñeira a máis de 300 nenos e nenas en centros educativos ao longo do Camiño de Santiago Portugués.
Os obradoiros, de carácter pedagóxico, artístico e inclusivo, estiveron divididos en dúas partes. Unha primeira parte onde se relataba o conto sobre as aventuras de, Migueliña a vieira e os seus amigos no camiño a Santiago, trasladando ao alumnado coñecementos sobre o patrimonio cultural e natural relacionado co sector marítimo pesqueiro, e unha segunda onde o alumnado realizaba unha peza representativa dalgunha das escenas do conto, utilizando a técnica de origami ou papiroflexia.
As actividades, que tiveron como resultado una obra colaborativa que forma parte da exposición virtual,
foron dirixidas coa colaboración de MIMADRIÑA, educadora social,
recoñecida polos seus traballos de artesanía en origami, e tiveron
carácter pedagóxico, artístico e inclusivo, utilizando papel elaborado
pola Asociación de Familias de Persoas con Parálises Cerebral de Vigo
(APAMP).
A continuación tedes as ligazóns a web do proxecto e o canal de Youtube coas historias dos personaxes protagonistas desta iniciativa.
https://omarnocamino.org/ |
O obxectivo principal foi familiarizar aos nenos e nenas coa
importancia e valores do Camiño de Santiago e co patrimonio cultural
marítimo-pesqueiro galego a través das súas personaxes: Migueliña, a
vieira, Laura, a xarda, Antón, o cangrexo e Roberto, o polbo.
https://www.youtube.com/channel/UCOcVTHStwo6W7_gNQAKzv2A |
Agardamos que vos guste; e se algún/algunha se anima a facer unha vieira, unha barquiña, un sombreiro ou bastón de peregrino...encantaríanos que nos enviedes as fotos do resultado das obras.
Aquí deixamos o noso enderezo electrónico:
orientacionsionlla@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario