A ATENCIÓN é o proceso que permite a entrada da información que se vai a aprender. É un proceso complexo, no que interveñen varias habilidades. Moitas dificultades de aprendizaxe, como os erros de exactitude lectora e de escritura, os erros de cálculo ou problemas na comprensión lectora, poden deberse a dificultades no manexo dalgunhas habilidades que conforman a atención.
Por iso vos traemos unha proposta para mellorar a atención do alumnado de infantil. Buscade o voso nivel e animádevos a realizar estas tarefas.
4º de EDUCACIÓN INFANTIL
5º de EDUCACIÓN INFANTIL
6º de EDUCACIÓN INFANTIL
Tamén vos propoñemos varias actividades interactivas. Premede enriba de cada unha das imaxes para acceder as actividades. Ao rematar cada unha delas, podedes comprobar que tal o fixestes pulsando en ¡TERMINADO! e en COMPROBAR MIS RESPUESTAS. Logo deslizade a barra de desprazamento hacia arriba e veredes a vosa nota nese exercicio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario