Non todas as familias son iguais.
Cada familia é diferente, única e especial.
Hai tantas, tantas, como un puñado de botóns.
Así é como empeza este orixinal conto infantil sobre a diversidade familiar "Un puñado de botones", de Carmen Parets Luque.
Na sociedade actual, existen moitos tipos de familias: grandes, pequenas, cunha mamá, con dous papás, con pais divorciados... É por eso que é importante normalizar toda esta diversidade familiar, para fomentar a tolerancia e o respecto ante as diferenzas.
Cada nen@ vive nun entorno distinto, cunha estructura familiar diferente. Pode ser unha familia étnica donde existan diferentes razas. Pode ser unha familia homoparental, monoparental... Pode ser un nen@ adoptad@, o unha familia na que haxa fill@s de diferentes pais.
Que cousa especial fai que sexan familia?. Todas esas familias teñen algo en común: o amor, o agarimo, a protección, os lazos afectivos...
Este libro amosa dunha maneira sinxela, diferentes tipos de familias para normalizar calquer tipo de situación.
Cun texto claro e conciso que vai acompañado dunhas orixinais ilustracións realizadas con "collage", onde podemos atopar papeis, telas e como non, botóns, os protagonistas deste conto.
Estos botóns representan cada membro das familias que se contemplan no libro, e podemos atopalos realizando actividades tan cotidiás como unha salida ao parque, unha visita ao súper, o momento da comida... @s nen@s poden verse identificados con esas actividades, observando que todas as familias teñen esos momentos xuntos.
Ademais ao final da historia, encontramos unha páxina onde podemos debuxar a nosa familia de botóns.
Un puñado de botones
Carmen Parets Luque
Createspace, 2018
Tapa blanda
Medidas 21 x 21 cm
30 páginas.
ISBN: 978-1985742543
Edad recomendada: 3-6 años.
Ideas de actividades:
O libro ten como tema principal a diversidade familiar, deixamos unha serie de propostas para traballar cos nen@s este tema.
- Podedes contarnos quen vive na vosa casa, se tedes irmáns, con quen pasastes este confinamento...
- Contádenos que cousas vos gusta facer coas vosas familias. queremos observar que por moi diferentes que sexan as familias, todos facemos cousas parecidas.
- Debuxade como é a vosa familia. E para facer alusión ao libro, podedes empregar botóns como cabezas... ou deixar voar a imaxinación e a creatividade para decorar os vosos debuxos.
- Bailar e cantar coa canción "Todas las familias son diferentes":