Para comezar este mes de xuño queremos compartir con todos vos un recurso dixital para ser testemuña en tempo real da vida salvaxe. Todo iso a través das webcams, que situadas en lugares
estratéxicos, permiten observar en directo o comportamento dunha
infinidade de animais. E desde o sofá de casa!
Na web Educación 3.0 móstrannos diferentes webcams que permiten observar en directo o comportamiento dun montón de animais salvaxes: como son as diferentes localizacións da Estación Biológica del Parque Nacional de Doñana, os hábitats de diferentes aves presentados por SEO BirdLife (Sociedad Española de Ornitología), a vida salvaxe en África amosada pola plataforma multimedia Explore e por Africam e a través da ONG WWF (World Wild Fund for Nature), ofrece na web da súa sede en Finlandia WWF Wildlife, a vida en directo de distintos animais que se atopan neste país, moitos deles en perigo de extinción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario