Entrada destacada

QUEN SOMOS?

Este é blog do Departamento de Orientación do CEIP Arquitecto Casas Novoa. Polas circunstancias actuais de confinamento , dende o Departa...

viernes, 19 de junio de 2020

BO VERÁN!

Chegou ao seu fin o curso 2019 - 2020...

Quen nos ía dicir que as vosas casas se ían a converter en improvisados colexios e as vosas familias en axudantes dos mestres???

Queremos darvos a NORABOA a todo o alumnado do noso centro e as vosas familias polo voso traballo, polo voso esforzo e pola vosa capacidade para adaptarvos á nova situación de ensino - aprendizaxe, coa que nos tocou lidiar nos últimos meses.

Achegámosvos unha mensaxe que tedes que descifrar coa axuda dun código, agardamos que vos guste.



Gozade do verán e recargade moito as pilas para afrontar a nova normalidade que nos atopemos en setembro.

lunes, 1 de junio de 2020

WEBCAMS EN TEMPO REAL PARA OBSERVAR ANIMAIS SALVAXES DENDE A CASA.

Para comezar este mes de xuño queremos compartir con todos vos un recurso dixital para ser testemuña en tempo real da vida salvaxe. Todo iso a través das webcams, que situadas en lugares estratéxicos, permiten observar en directo o comportamento dunha infinidade de animais. E desde o sofá de casa!

Animales en Doñana
Na web Educación 3.0 móstrannos diferentes webcams que permiten observar en directo o comportamiento dun montón de animais salvaxes: como son as diferentes localizacións da Estación Biológica del Parque Nacional de Doñana, os hábitats de diferentes aves presentados por SEO BirdLife (Sociedad Española de Ornitología), a vida salvaxe en África amosada pola plataforma multimedia  Explore e por Africam e  a través da ONG WWF (World Wild Fund for Nature), ofrece na web da súa sede en Finlandia WWF Wildlife, a vida en directo de distintos animais que se atopan neste país, moitos deles en perigo de extinción.